Cousas das letras

¿ E ti les?- expuxo aquel por saber

O que repón o outro.

Nin o xusto nin o necesario, tan so as receitas , pois no e deber nin salvación, que o ler estraga os miolos das xentes .O espremelos tanto non pode ser bo. Eu coa taberna e maila brisca teño como dabondo. Iso e para os políticos, que como son tan listos, fan carreira de ministros.

Pero eu que son máis bobo, por collós teño que facer de todo.

Pola defensa das Letras

Agora que se achega O Día Das Letras Galegas. Falando da nosa lingua, os políticos non son os donos delas, senón aqueles que por intres soen manexalas, pola contra a fala xunto coas letras, son do pobo e daqueles que queiran poñelas para ben de expresarse nelas. Pero por outra banda, non se deberían impor a ninguén, pois os cidadáns aí de ser quen as acariñen e as leven con fachenda, xa que elas forman parte da nosa historia. De xeito que poden levarse moi ben coas demais letras nacionais entre elas o castelán. Xa que toda maneira de expresarse e riqueza para calquera de nós, pois o xeito de ser bilingüe fainos posuidores de certos coñecementos. Agora si, aquilo que falemos deberemos de facelo ben e non unha mestura entre ámbalas que escaralla a fala, deixando de ser unha cousa ben feita. E por suposto está moi mal o falar entre as persoas meirandes, o despois empresarse en castelán cos cativos. Non por iso deixamos de ser mellores ou peores, actuando dese xeito, senón diferentes o resto. E sen animo de ofensa nin descualificacións, nin tan sequera nacionalismos. Non esta en desmellora o sentirse galegos. E que o somos, así que, ¿ porque avergoñarnos de elo?

A Carreira dun can-de camiño a Goián

A Carreira dun Can de Camiño a Goián

E o grilo coxo, dende que saíra daquela que o quixera lafar o sapo, despois da treboada que lle anegara a casa, dende a cal quedara deste xeito. En agradecemento, chegado o día da festa do Santo Cristo de Goián,. ala polas terras do concello do Páramo, ergueuse como moi cediño aquela maña, e preparouse para ir a festa do, pero como ata alá habia máis que a carreira dun can, estaba na procura de quen o podía levar ata tan lonxe. Así que cando a formiga Amarela deu con el pousado no cimo daquela cancela, díxolle moi fachendosa.
_Xa me podías levar a festa do Santo Cristo, pois eu íache a quedar moi agradecida.
_¡Ai si oh! Vaiche voa, aínda estou eu na procura de quen poda votar man de mín, pois tamen quero chegar aló ¿non ves que estou coxo? que me falta unha pata das traseiras.
_¡Maila que demo! pois non me decatara diso- repon a formiga Amarela- pero tí es mais grande que eu, e de tódolos xeitos, sempre chegaríamos antes, xa que  das grandes brincos aínda cunha pata soa.
O grilo non moi covencido, despois de pensalo un chisco, remata por facerlle caso.
_¡Esta ben! Levareite, se non estarasme a raiar de contado sen acougo.

E despois de cargar con ela as súas costas, levando xa un bo treito feito, toparon co lagarto Xan, que tamén ía para a festa de Goián. Así que lle dixo ó grilo cun chisco de vergoña.
_¡Ai oh ¿ e si ti puideras votarnos unha man?  como es máis grande e corres dabondo, ben nos podías levar a festa dos melindres de Goián.
Pero niso que di a formiga.
_¿Como nos imos fiar? dese larpeiro, o  lagarto ten a lingua moi longa, e… ata nos pode papar.
_Ti cala… fachendosa- puxo o grilo con vantaxe- o lagarto e voa xente, vive ala pola Torrente, xa fai tempo que o coñezo.
Pero a formiga que era ela moi retranqueira e medosa , aínda engade.
_¡Eso non lle fai! Os lagartos son lagartos, e poden comer despois de ben fartos, pero… teremos que fiarnos se queremos chegar a tempo a festa do santo.
Así que a formiga Marela no cimo do grilo Coxo e este a cabalo do lagarto Xan, puxéronse a facer camiño ala polas terras do Páramo. E cando xa levaban o seu de andaina, deron co coello Pinto, e como daquela que xa ían todos un chisco cansos, sobre todo o lagarto, xa que ían todos no cimo das súas costas. Díxolle o lagarto ó coello.
_¡Ai oh! Que ben nos vira a túa axuda.
_¿E para que?- pregunta o rumiante.
_Pois e que levo xa moito peso no cimo de min, e se ti nos puxeras a cabalo, iriamos máis de presa para a festa de Goián.
E o coello Pinto, que era grande en tódolos xeitos, díxolles non moi de acordo.
_Eu lévovos, pero coa condición de que cando canse císcovos o todos no primeiro balado que atope no camiño.
_Iso non vai a ser mester, ti avisas antes, que nos baixaremos de contado.
Meu dito meu feito, todos xuntos agatuñaron o coello pinto para percorrer aquel  treito.
Así pois, a formiga Marela no cimo do grilo Coxo que este ía a cabalo do lagarto Xan, quen botado nas costas do conexo Pinto. Semellaban todos como se traballaran nun circo. E así deste xeito, repartiran máis o peso aguantando cada quen o seu, como enguedellados nun so, co risco de caer de aquel parapeto. E nesta guisa, foron ata chegar a Escarlán, case xa no territorio de Goián, e de súpeto saíulles o camiño un daqueles cans grandes, que mesmo semellaba un cuxo. O tempo liscaba do reloxo  de quen o tivera, como alma que leva o Demo, sen acougo e sen remedio para poder chegar a tempo o festorro, que xa mesmo non chegaban a misa das doce, que era a máis fermosa, cantada por case unha ducia de cregos. Así que tiñan que facer algo para poder chegar a tempo, e que mellor que poñerse todos no cimo de aquel cadelo . Aquel San Bernardo tiña moita lan para poder agancharse ben e non caerse. Pero antes, tiñan que contar con el. De xeito que o conexo Pinto fala co cadelo, pedíndolle por favor, se el podería achegalos ata a igrexa de Goián, xa que todos eles ían de ofrenda a festa dos cilindres que era como un devecemento.
O cadelo, el moi tranquilo como de costume na raza, díxolles  con fala forte.
_Ides ter sorte, xa que hoxe estou máis que farto. O meu amo deume ata rebentar de sobras de conexo. Semella cousa do Demo, cando teño laceira non se achega ninguén, se non íaivos a entear de quen son eu. Pero ata me ven ben, pois podo estalicar as patas un treito.
Así tódolos zarapallos de aquela vasca tan variada, animais, insectos, e réptiles, agatuñaron o último medio de trasmporte para chegar o destino fixado. Pero polo camiño pasáronas estreitas, xa que o cadelo non freaba nas curvas e todos laiaban de medo da velocidade que poñía o San Bernardo, pero o fin puideron chegar a tempo, san e salvos sen risco de ser larfados, a festa de Goián, e despois de oír a misa, comer os melindres que agardaban, de xeito que remataba aquela Carreira dun Can.
E coloren colorado, este conto dáse por rematado. Dime tí ¿foi do teu agrada?

A Revancha do Lixo

Era como moi arrotado o que ninguén enganaba moi doado, así que quedara solteiro polo mesmo, non fora o Demo que algunha lagarta lle sacara os cartos que lle deixaran seus pais. Así que máis aló dos corenta atopábase so como a unha. El chegáballe abondo o de coidar as cincuenta ovellas que guiaba para o monte a diario por mor da mantenza. Daquela xa facía uns anos, moito antes de que lle impuxeran dende o concello a cota das taxas do lixo, el levaba sempre as súas desfeitas nunha bolsa para ciscalas coma sempre na mesma gabia, a que xa estaba abondosa de tanta merda ceibada o longo de tanto tempo. Alí había xa de todo, cousa que outros aproveitando o seu, deixaban tamén alegremente con liberdade, cando se terzaba e a cousa era máis grande, botaba man da carreta. E que endexamais collera de bo agrado aquilo de poñer as desfeitas no contedor, que tiña preto da súa casa, así que. todo o que carrexaba para o monte, o mesmo lle daba ciscar un fouciño vello, que un paraugas desgaxado, como unha pila de ladrillos esmagados, ferros, caldeiros, a bicicleta rota, ou os zapatos que xa non lle valían. A tal xeito que aquilo fora medrando desproporcionadamente como sen razón, e case que con dereito absoluto do persoeiro, e aínda que fora advertido o que lle podería caer se seguía con aquela manía, el fixo o caso dos bobos. Así que sistematicamente e na contra de todo normativa establecida polo concello, pasaba olimpicamente do tema, e como onde aparcaba todo aquilo era como terra de ninguén, posto que os donos das mesmas vivían por terras afastadas, que mellor. Pero pasa a veces que un pode dar co dono do burro, e que o que non pasou ata o de agora, pode pasar xa. Así que aquel día ía a marcar no tempo algo para facelo diferente para Servando, por moi arroutado que el fose.

Facía pouco que as comunidades autónomas facilitáranselles as ferramentas axeitadas para coller os que lixeiramente facían o que lles petaba, así pois aqueles gardas de monte ían de patrulla como tódolos días, pero desta feita levaban xa aquela cámara adaptada o todo terreo para cando eles quixeran, deixar inmortalizado a quen o quixesen oportuno. E mira por onde, foi naqueles intres de achegamento cando Servando ciscaba a bolsa para a gabia facéndoa voar coma se tal paxaro. Eles fóronse achegando moi a modiño ata que estiveron a súa altura para saudalo coa cortesía axeitada.

_Vos días teña vostede ¿ así que de pastor coas abellas? .

_Claro, os que non valemos para outra cousa- puxo o Servando.

_Tenlle que haber de todo no mundo- di o garda o tempo que lle pregunta- ¿e vostede non saberá quen deixa nesta gabia tanta desfeita? .

_E eu que ía saber- expresa o das ovellas como con medo.

_¿Podería achegarse? E que lle temos que amosar unha foto por mor se recoñece a que esta nela.

_¡Como non!

E cando o pastor da chegado, xa lle di con seguridade.

_Ai si oh, pero… se son eu, ¿pero como estou nesta foto?

_Cousas que pasan, e que estamos a estrear este trebello que nos deron na xefatura, así que dixemos, como non lle sacamos unha foto este bo home que esta a espallar desfeitas polos balados, así que ímoslla a regalar, pois nos xa nos quedamos coa copia¿ Non se decata de feito? Nesta levaba a bolsa na man, pero nesta outra xa a estaba a ciscala.

_Me cago no carallo, agora si que a fixen, por Deus non me fagan isto- pídelle o Servando.

_Ou sexa, que vostede ben sabia que estaba facendo mal, pero seguía.

_E que os do concello fanme pagar a recollida, e en protesta eu sigo coma antes.

_Pois por iso vanlle caer fora do peto coma tres mil euros de sanción por porco.

_¿Que me está dicindo? Iso non pode ser, eu non teño tanto carto.

_Ten, ten, que vostede ben que presume de cartos polas tabernas. E como llo digo, pero isto non e todo, vostede vai a recoller todo o que espallou nestes recunchos ata deixalo todo limpo. Pero como no punto limpo do concello so se poden levar un volume tan grande , e alí so admiten unha medida o mes. Íraon degraendo pouco a pouco dende a súa casa onde debera levalo todo.

_Pero se eu non teño con que levar todo está- trataba de espelirse do vulto o Servando.

_Si que ten, furgoneta e tractor. Nós sabémosllo todo. e non se demore moito que lle pode dar isto ata cos osos na cadea por delito ecolóxico, así que vostede verá de como arranxar esta desfeita.

_Ai comamodemo, pero que isto non o deixei eu so, aí máis veciños que me axudaron- trataba de desculparse.

_Pois dilles a brasa ameazando con deixar o clareo os seus nomes, xa verá como dese xeito contribúen a obra.

Mandaba carallo o que se lle viña enriba das costas. Aquilo era como moito para el so, así que tería que botar man dos outros para desfacer aquel enguedello.

Aquele noite, Servando non puido durmir con xeito, pois fora un cotián pesadelo onde moreas de lixo anegaban as portas e fiestras da súa casa impedíndolle saír para fora, e cando xa o conseguira case, un contedor puxéraselle diante abrindo e cerrando a súa tapa a velocidade de medo, dicíndolle:

_Sómola túa merda de tantos anos que ti mesmo abandonaches no monte, e agora vimos a afogarte ata sacarche a vida.

Servando conseguira meterse na corte das ovellas, pero ata estas falábanlle:

_Ponte diante dela, non fachendas de ser tan valente diante da xente, pois faino agora diante do lixo.

Espertou moi cediño anegado de suor.

Moi na contra do que pensara pola noite, se todo aquilo fora unha broma dos axentes e pasar daquelas fotos de merda que non serían para tanto, agora xa pensaba de outro xeito. Todo aquilo semellaba como un meigallo, así que poría mans a obra de contado para tentar recoller as desfeitas de todo un lustro.

Dende este conto, quixérase salientar de que respiran polos recunchos de sabe onde, varias ducias ou centos, quizais miles de Servandos obrando de tal xeito. Así pois, non estaría por demais de facilitarlles as ferramentas axeitadas a quen competa para que os vixiantes do medio, cheguen tamén as veiras, que para que algúns destes eviten que se siga estragando o beleza desta terra que os nosos antergos deixaron ben limpa, xa fose por obriga da necesidade, pois ai a quen non importa deixar alegremente unhas neveiras o pe da ribeira dese río que eu mesmo albisquei, e como se nada. E que ninguén tome nota de isto xa vale. Aínda que estes pensen que o mundo e de todos, pero tan so para emporcalo. Deste xeito todo se remexe a o cambio climático que está a acontecer, e que se o dono de nós que é este planeta, chegue a enfastiarse, pode que nos mande o carallo a todos sen remedio.

Fin

O Mazarico

 

Nos tempos dos nosos antergos, os gobernos municipais non tiñan carros a motor, dos que ir na procura de recadar os impostos para soster parte dos gastos do concello, daquela  había que tentar arranxalo de algún xeito. Por eso  impuxéranse outras maneiras para  colleitar as taxas coas que poder levar adiante os cativos presupostos.

Así que, nas entradas das cidades e pobos máis importantes, estableceranse uns postos de control, ben chamados “fielatos,” onde se trataba de controlar as  mercadorías chegadas maiormente das aldeas; ben fose animais, hortalizas, leña picada e demais, para o que se debería pagar o seu imposto acordado  para todaqueles que abastecían os mercados,   como para as tendas espalladas pola capital. As miudanzas,  levábanas as mulleres a cachola, xa foran os queixos, as balugas de manteiga, ou os anacos de touciño. Os cuxos ían andando xunto coas persoas, as que facian todo o posible loiar na contra da  fame que naqueles andares, tamen facia boa falla e apertaba o seu,  había que  ter moito tino para poder tirar para adiante do carro da vida. De ai que o de gañar uns cartos, facíase abondo complicado, e moitas das veces, víanse case que na obriga, de facer o imposible por burlar aqueles que querían sacarlles o que consideraban seu.

Aquel día, ía para a  cidade das murallas, ó Luís do Mazarico, un arroutado aldeán daqueles que non se deixaban esmagar a primeira, quen levaba no carro, unha niñada de porcos, tapados a xeito de teito, cunhes ladreados e un cobertor de trapos. Cando chegou o posto de control, díxolle garda.

_¡ Haber patrón! ¿que declara vostede?.

_A min non se me acusa de nada para ter que declarar- dixo o Mazarico, por facerse un chisco gracioso.

_¡Que! de carallada ¿non?- díxolle o garda mal entrañado.

Pero o do Mazarico que sabia como as gastaban aquelas xentes, faloulle o somelgo.

_Non se  poña vostede así…, home, que só era unha chanza- repuxo máis suave o dos porcos- pois nada máis que o que ve.

O garda ollou dentro do carro, e contou as pezas unha por unha.

_¿Non levará por aí algo máis agachado?.- preguntoulle o funcionario

_Non señor- repuxo o vello todo serio- eu…, ende sempre lle fun persoa moito de fiar, e non acostumo a agachar nin chisca, a non se los meus pensamentos, que os levo debaixo da pucha ben quentiños.

_¿ E sempre foi vostede así, tan gracioso?- deixoulle caer o recadador, con cara de non gastalas ala moi boas, e de non querer estar moito polas súas chistadas.

_Sempre que podo si, pois ata o de agora, eso non pagou impostos- engadelle o dos marráns.

_Ande…, ande e marche, que xa me esta a fartar a súa cachaza, e son dous reas por peza- impúxolle o fialeteiro- así que axiña que non temos todo o día.

_¿Tanto? aínda non sei se chegaran a valelo os porcos, será polo salvado que vostede lles achegou- repuxo o do Mazarico.

_Pague, e cale, eu sonlle soamente un mandado, e non fun o que fixo as normas, así que, déixese de lerias, e contribuía coa súa obriga- despuxo o garda do posto.

_Anda María, saca os cartos da faltreiqueira, e dállos a este estirado- dixo polo baixo o Luís- supoño, que se non os vendo, votarame vostede os cartos- pregúntalle o Mazarico, pero ende sobra sabia que esto non ía a ser certo.

_Se non os vende, non lle é problema meu, así que, daquela bótelle terra de toupas, xa que os cartos endexamais voltarán as súas mans- repón o controlador de mercadorías, a vez que daba paso a outra facenda- Veña, o seguinte.

 

O Luís marchou falando entre dentes, algo que non puído entender o fialeteiro, pero este díxolle ben claro

_Procure non levar nada agachado, que cando salga de posto, voulle estar onde menos agarde, e heino de saber.

_As de saber carallos, que te as de amolar- dixo o do Mazarico polo baixo a vez que se afastaba do posto de control- pero o saco de patacas sigue pasando como sempre muller.

_¡Ai Deus!, mira que se algún día nos pillan- expresa a María toda medosa- ímolas a pagar por todas xuntas.

_Por todas xuntas non muller, daquela soamente pagaremos polas que nos collan, así que déixate de medos, e tira para adiante.

O do Mazarico argallara un alzadeiro, por debaixo do carro,  con moito tino, onde agachaba sempre que ía para a cidade de Lugo, e dicir, para o mercado, un saco de patacas que lle saian libre de impostos.

 

Despois de percorrer toda a tolda de Castela. O chegar a capela de San Roque, topáronse na rúa coa señora Elvira, unha clienta habitual a que rexentaba a tasca da “Tenenta,” alcume que herdara da súa tía, por ter o seu home esta graduación nos gardas de asalto,  a  que sempre lle deixaban o saco das patacas. Meteron o carro dentro da currada con arcada de pedra, mentres que ela lles pechaba as cancelas para non erguer sospeitas. Nisto que a dona do establecemento, díxolles nun castelán non do noso pais, e dicir como máis refinado, xa que era de Valladolid.

_¿Serán como siempre buenas y de confianza? ¡verdad!.

_!Non ían ser señora! Como que se criaron con nós, e sempre as tratamos de ti, aínda por enriba sempre estivemos aloiñando nelas, vostede ten que saber que nosoutros endexamais a enganaríamos, e cliente de sempre- deixoulle ben sentado o do Mazarico- e tamén lle levamos dous laconciños, que a voa fe, lle son como dous cachos de Ceo, do bos que saen, non llo digo por nada, se non por que me agrada vostede, se lle interesan, por cincuenta reas poden ser seus.

_Lo siento, pero de eso ya é hecho acopio esta mañana, otros paisanos me los an traido- dixo a castelana.

_Que lástima, co ben que iria cos nosos, pero…, que se lle vai a facer.

O de enganala endexamais, estaba por ver, xa que…, nunha ocasión, andibera o rumor, de que todos os que comían na tasca da “Tenenta” andaban lixeiras das calzas, por ter que baixalas cada dous por tres, aínda que os do Mazarico ben o sabían o motivo desta reacción, xa que  decidiran vender as patacas, por que antes xa as probaran eles, e sentiran aquel  mal nos seus corpos. Así que descargaron as patacas, e cando ían a saír polas portadas, achegáronselles dous gardas coas súas armas regulamentarias o lombo, a preguntarlles os paisaniños, así como moi impositores

_¿E vostedes…, que levan nese carro.

_Levamos porcos para feira- respostoulle o Luís todo enteiro, pero o mesmo tempo con moito tino, para non erguer posibles sospeitas- pero  xa pagamos as nosas taxas.

_¿Pódeme amosar o papei?- preguntoulle un dos gardas- ¿ e que están a facer aquí?.

_Viñemos amosarlle os porcos a señora Elvira, por se lle interesaba algún.

Despois de ollar o recibo, díxolle o funcionario- agarden un chisco que agora volto.

Mentres un dos gardas marchou para dentro do local, o outro non lles sacaba o ollo de enriba, pero o que había que enquisar, xa estaba arranxado, xa que a dona do establecemento, era consentidora.

_Non sei por que me da no nariz, de que vostedes aínda agachan algo- díxolles o outro funcionario- pero ándense con tino, que nosoutros sempre lle estamos vixiantes.

_Así o faremos señor garda- dixo a María sen deixarlle tempo a que respostar o Luís.

Saíron pola porta para a rúa, e cando estaban xa lonxe, dixo o Mazarico.

_Ide o carallo,  téñovos unha teima que non vos podo ver.

 

Cando se achegaron o campo da feira, hoxe estación de autobuses, díxolle o do Mazarico a súa muller.

_Quédate aquí, que eu volto de contado, e coida dos marrás,  xa sabes o que tes que pedir por eles, e hasta onde che poden regatear, a ver se voto unha mexada e coa mesma,  buscar quen nos merque estes  lacons.

_Ti anda con tino- díxolle a María, quen  seguía co medo no corpo, moi sabedora ela do que pasaba na cidade- non sexa o Demo que te pillen e che metan unha multa.

O Luís do Mazarico levaba os lacos nun saco de esparto, o tempo que ía sostendo a mexada, pero era tanto o apertón que tiña, que por un intre, deulle por soltar os salagres no chan, e achegándose a un recullo, comezou a aliviarse, cando xa estaba preto de rematar, non sei como ollou para recoller os lacóns. ¡Carallo!  ¡xa non estaban!, o  que faltaba; nisto que ollou pola rúa a parella de gardas que xa viran antes,  e o Luís moi decidido, e sen pensalo díxolles.

_Señores gardas, por favor acaban de roubarme dous lacons que tiña aquí preto de min, a ver se puideran facer algo por atopalos.

_¿Así que dous lacons non?, ¿ e vostede non é o dos porcos?  se nos dixo que non agachaba nada, ¿como e que arestora levaba dous lacons?- preguntoulle un deles.

_¡Cale por Deus!,  aínda por enriba, os lacons eran de meu primo, que mos deixou para que llos levara a casa- dixo o Luís tratando de saír airoso.

Os dous municipais quedáronse ollando para el, o tempo que o facían entre eles, como dicíndose, este quérese quedar con nós, pero os membros da orden, que xa o viran facendo aquelas porcalladas na rúa, dixéronlle.

_¿Non sei se saberá vostede, que o facer augas menores na rúa, e motivo de sanción?, por que vimos como o facía.

O do Mazarico o sentirse descuberto, díxolles.

_Pero se non foi na rúa, so foi nunha  beiriña.

_Nin beiriña nin gaitas, vostede está sancionado cunha multa de tres reas por ser tan rancho, e se non paga agora, ben con nós as dependencias municipais, e de gracias que non o collemos cos lacóns, que daquela íanlle saír máis caros que o que lle puideran dar por eles.

 

O do mazarico, que xa se lle comezara a escarallar o día despois de liscarlle coas patas do porco, aínda por enriba metíanlle unha multa por mexar na rúa. Aquilo xa era abondo, e o ter que  pagala daquela mesmo, xa se saia, estaba que mordía.

_Fillos da puta- dicía polo baixo despois de afastarse deles- se vos collo no monte de baixo, íavos a dar eu sanción, non vos quedabades sen unha patada nos collós.

Cando chegou de novo a xunto da súa muller, esta xa se decatou de contado da cara que traia, e que non se atopaba de boas, así que lle preguntou.

_¿E os lacons, xa os vendiches?.

_Os lacons…, os lacons  roubáronmos, eso non é todo, aínda por enriba puxéronme unha multa por mexar na rúa- dixo o Luís todo esmorecido.

_Mira que cho dixen  ben, ten  coidado, so a ti se che ocorren esas cousas- díxolle a María.

_E que me colleron teima os cabróns, e ata que me agancharon non acougaron- di o do Mazarico.

_E voa verdade, os bes do sancristán por onde veñen van, non pagamos polas patacas pero pagaches por mexar- díxolle a súa muller.

_Pero as patacas eran nosas- di o Luís.

_Si, pero como a rúa e deles, ¿ ou non o sabias? tamén eran eses lacóns, a min fodéronme ben, e a ti tocáronche ben os collós.

 

 

FIN

 

          

   

 

 

 

 

 

 

   

 

Eso de ser de Aldea

Teño a ben o ser de aldea, pois nacín o caron dos carballos e as nogueiras, entre facenda, preto dos cogumelos ceibos polas leiras.Ali onde canta o cuco e a bubela, ou boa o paxaro carpinteiro, onde vive a galiña y mailo xílgaro que canta ceibo, xa que todo o campo e ceo e diles. Onde pola noitiña ou o mencer, deixase sentir o son da natureza cos cantos de tódolos pararos o teo redor. Dei que todo nestes recunchos tenda a e ser como diferente, xa que estar o carón dos ríos e as fragas para albiscar o xurdir dunha nova alborada, sénteste doutro xeito. Aínda que… xa antes de agora, éramos diferentes, eses paletos, e aínda seguimos a selos para alguns, pero como con prestixio. Hai que recoñecer, que a cidade ten outros vantaxes, pois estan a reverter de aceras con moreas de casas como se tales colmeas. Esas  tendas con moreas de artigos que enguedellan e máis lambetadas para votar bandullo axiña, e argalladas que no rural non ai. Pero aquí sómente podemos ollar o mundo dende outra prospectiva, a beira de moitas criaturas que liscan do asfalto e o cemento. O campo en si, e outra cousa, e o lar das criaturas sen dono, dos esquíos, das bolboretas, do arume a terra mollada, e todo eso  faino diferente. Aínda que comprendo ese fuxir do rural para ir na procura dun traballo, por que os que mandan non tiveron a inquedanza de poñer algo diso por estas veiras, esquecendo que do campo tamén están as súas orixes, sentindo como vergoña de tales en algures. Pero non esquezamos que sen el seríamos uns ninguén, pois faltaría o motor que move o mundo das cidades, xa que da terra, non o esquezades, sae todo o que se precisa. Aquí esta o combustible para facer posible que a vida sexa esa realidade, que percorra ese treito necesario da persistencia, xa que na terra está a semente da subsistencia. Así que non esquezades que ser de aldea non e tan malo. De cando en vez, non viría mal o meter os fociños na terra e ver como respira a vida. Así que non olles estas xentes de forma despectiva por ser granxeiros, gandeiros ou parroquiais, de xeito que cando queiras podes achegarte aínda os muíños de molaxe, coas peneiras famentas de fariña, case que sen vida propia, E aínda que non moen, segue pasando a auga por elas.  pois as súas pedras están como valeiras e fartas de saudade de outros tempos. Pásalles como o carro. Que xa non ruxe polas veigas.

Xa non choras nos camiños

xa non roxes polas veigas,

non se escoita o teu andar

nos recunchos do luar.

Fúche-lo o rei dos camiños,

o amo das corredoiras

ti amansába-las pedras

con fungueiros e treitoiras,

e cantas voltas ti deches

cantas cantigas ceibaches,

polos montes e veigas.

De ti lembraranse as leiras

cando metías o corpo

ata o mesmiño chedeiro,

cos teus zapatos de ferro

co teu pisar de madeira.

Hoxe dormes de nostalxia

polas palleiras do agro

o teu sono xa e longo,

o espertar non doado.

Así pois, débese ter en conta, que os da aldea son o motor da sociedade, xa que dela saen as castañas, os porcos, os coxos, as cabras tolas o cordas, e ata esas bolboretas que son unha fermosura da natureza.

Muita merda

Sabía de antemán que iso de furgar no pasado ou no presente do próximo non era moi de agradar, a non ser que vestises desinterese pola honestidade. Pero moitas das veces se querías labrarte un futuro naquela profesión como recentemente titulado, terías que esquecer certos prexuízos. Así que debería meter as mans ou o nariz en toda aquela merda para abrirte camiño na xungla da vida, se non poida que se lle adiantarían outros máis arroutados. Ademais, iso era o que desexaban unha morea de xente. E nos parabéns de ter éxito no choio dicíase aquilo de: “Moita merda” é que as modas impuñan ser vestidas aínda que non che agradase o facelo. Eran ese novos tempos onde non quedaba recuncho para coller un libro e botarlle unha ollada. ¿Para que? se xa cho daban así de doado, era como moi sinxelo o degustalo.O fin tampouco era tan malo, soamente literatura de entrar pola orella.

Agardemos que estas teimas pola procura allea, pase algún día para entreterse en algo como máis xeneroso como o acougar e vela vida de outro xeito